BIONIC é o novo espectáculo da compañía Entremans, creado e dirixido polos seus propios intérpretes Armando Martén e Ana Beatriz Pérez. Con banda sonora orixinal e interpretada en directo por Ismael Berdei, a peza e un encontro poético entre disciplinas onde a luz, o son e o movemento comparten universos.
Inspirada na simbiose entre o biolóxico e o artificial, reflexiona sobre como a tecnoloxía sedúcenos a mellorar as nosas vidas sen quebrantar a capacidade humana de sentir.
Bionic e un lugar de convivencia, onde apenas poidamos separar o lado artificial do lado humano, un espazo de reflexión que cuestiona o presente e o futuro próximo.
O corpo como colector de vivencias, que rexistra e memoriza fragmentos da vida, que desexa preservarse ante o inminente paso do tempo. Un corpo que pretende sobrevivir ao desgaste con segundas oportunidades.
Nunha era onde a ciencia e a tecnoloxía poidan axudar a cubrir o deterioro físico ou mental, en defensa da perfección, como de afectado quedaría aquilo que nos identifica como humanos?
Canto de máquina ou de humano quedará entre nós?
Será que outra dimensión humana se abre ao noso paso?
Sinopsis
“Vimos ao mundo cun corpo que lanzamos á vida para nutrilo de experiencias, disposto a recibir e a dar, un corpo que memoriza vivencias pasadas e desexos futuros cun algoritmo propio, o sentir”.
Ficha artística:
Creación, dirección e interpretación: Armando Martén e Ana Beatriz Pérez.
Espazo sonoro orixinal e interpretación: Ismael Berdei.
Iluminación: Octavio Mas.
Espazo escénico: Suso Montero.
Vestiario: Ruth. D. Pereira y Santos Salgado.
Ollo externo: Rut Balbis.
Voz en off: Rocío González.
Técnico de son |Jacobo Castro
Fotografía e video: Raquel Castro.
Produción: Cía Entremans e Sabela Ramos.
Distribución: Cía Entremans e Artestudio Xestión Cultural.
Duración: 50 min