top of page

SI QUIERO

 

Creada en 2009 e con varias adaptacións, esta peza é unha alegoría ao vínculo, á relación incondicional entre dúas persoas que decidiron antepoñer o amor como eixo nas súas vidas.

 

Rodando volves atopar unha parte da miña que quedou atorada na túa garganta, estou preto, medindo as distancias. Agora podo respirar os perdóns que nos devolvemos baballoando bicos, sen esquecer que sempre seremos dous nunha mesma roda.

 

Creación e interpretación: Armando Martén, Ana Beatriz Pérez. Música: autores varios. Duración: 13 min.

Produción: Artestudio Xestión Cultural.

bottom of page