Medula é unha peza de danza contemporánea da Compañía Exire en colaboración con Entremans, creada por Alba Fernández e Ana Beatriz Pérez. Unha coprodución co AGADIC, o Centro Coreográfico Galego e Artestudio Xestión Cultural. A peza ten como columna vertebral á figura feminina. Inspírase na transmisión e o legado que van deixando en nós as predecesoras, deixando unha pegada tanxible na nosa identidade. Dúas xeracións, dúas culturas e un mesmo ponte que nos achega.
​
Creación, dirección e Interpretación: Alba Fernández e Ana Beatriz Pérez
Asesoramento Coreográfico e vídeo: Armando Martén
Música Original, Voz e Composición: María Move
Produción Musical: Raúl Grillo
Espazo Escénico: Equipo RTA
Iluminación: RTA (Diego Villar)
Vestuario: Ramón Santos e Olalla Armada
Fotografía: Andrés Nadal
Vídeo: Pablo Rodríguez (Reclip)
Coproducción: Artestudio Xestión Cultural e Centro Coreográfico Galego
Distribución: Artestudio Xestión Cultural.
Duración: 60 min.