top of page

Armando Manuel Martén Caballero

021-Armando-Esperto-Lorenzinho-Fotografí

Santiago de Cuba, 1963

(...)

Inicia os seus estudos na Escola Nacional de Artes de La Habana (1974-1981), ao graduarse comeza a súa carreira como profesional na compañía Danza Contemporánea de Cuba onde obtén o título de primeiro bailarín.
Desempeña o seu traballo artístico coa compañía durante 20 anos viaxando por diversas ciudades nacionais e internacionais e compaxinando a súa carreira en determinadas ocasións coa docencia.

No ano 2001 viaxa a España invitado pola compañía Druida Danza como bailarín e profesor. Forma parte da Compañía Trespasando coa que obtuvo dous premios de coreografías e participou en diferentes Festivais e Galas por diversas ciudades españolas ata o ano 2004.
2004-2005. Traballou coa Compañía Experimenta Danza participando en varios proxectos destacando Meltemi montada por Damián Muñoz en colaboración co grupo.
2006. Codirector da Compañía Entremans.
Colabora como coreógrafo na película A casa da Luz, da produtora Vimbio Films.
Participa como coreógrafo na peza teatral As Dunas dirixidas por Quico Cadaval, Patrocinado por La Xunta de Galicia para o Centro Dramático Galego.
Colabora co grupo Escoitar e o proxecto espacios sonoros en diferentes ciudades galegas, A Coruña, Santiago e Lugo.
Colabora como coreógrafo no proxecto “O corazón na botella” no Centro

Educativo Galén da cidade de Lugo.
Crea e interpreta xunto a Ana Beatriz Pérez os segmentos coreográficos da peza teatral 0,7% Molotov de Santiago Cortegoso para a compañía Teatro de Ningures.

(...)

FORMACIÓN

(...)

Comienza o seu traballo pedagóxico no ano 1987 impartindo clases de danza na Escola Nacional de Danza da Habana e na Compañía Danza Contemporánea de Cuba.

1991. Invitado como bailarín ao Festival das Artes do Caribe en Guadaloupe e Martinica onde ademais imparte clases de danza moderna cubana aos integrantes da Compañía.
1999. Imparte varios cursos en Haití, Guadaloupe e en A Coruña.
2001. Imparte clases de danza á Compañía Druida Danza.
Desde o ano 2002 é profesor do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña e de Artestudio Danza e Teatro.
Ha sido invitado a impartir cursos de danza no Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.
Profesor invitado polo Centro Coreográfico Galego a impartir clases regulares en

períodos de produción do centro xa unha máster class.
Imparte un taller de danza para o proxecto Pez de Lenka Bartunkova en Praga, República Checa.
Es invitado como profesor á Escola de Danza Rudra Béjart en Lausanne, Suiza. Invítase como profesor á escola Beijing Dance Academy en China, ademais de impartir unha máster class dentro do 2do Concurso Internacional de Ballet e Coreografía na mesma cidade.
Es invitado como profesor durante 4 anos á Escola Dancearea de Ginebra Suiza. Desde o ano 2015 invítase cada verán a impartir clases de Danza no Ruth Page Center de Chicago, así como no formato en liña deste último ano.

PREMIOS


2001. Tercer premio no Certamen Coreográfico de Madrid con Trespasando. 2003. Tercer premio no primeiro Certamen Coreográfico de Galicia con ERA de Bárbara Monteagudo.
2005. Primer premio no Certamen Coreográfico de Madrid con Meltemi de Damián

Muñoz e Experimenta Danza así como o Segundo premio no Certamen Coreográfico de Galicia coa mesma peza.
2006. Primer premio no Certamen Coreográfico Burgos-New York de la ciudad de Burgos.
2006. Primer premio no IV Certamen Coreográfico de Galicia.

bottom of page