top of page
Iceberg 2.JPG

Iceberg é unha peza de danza contemporánea que se inspira na metáfora do iceberg. Aquelas cousas que en aparencia vemos dunha maneira pero por dentro son totalmente distintas. Tomando isto como punto de partida a peza xoga co desexo de atrapar o agora, de perpetuar o presente, xa sexa en quietude, en movemento ou nunha captura fotográfica. Cantos detalles poden escaparse cando miramos? 

Iceberg transita por ese espazo entre o que vemos e o que non podemos ver, iso que permanece mergullado nunha imaxe e convértese en testemuña arqueolóxica de nosa propia vida 

​

Sinopse:

Cresta branca que avanza simulando quietud.Criatura esbelta de

“Mesmo ou máis sólido pode romper nun instante”. 

Crista branca que avanza simulando quietude.
Criatura esvelta de adorable anteface que encima mostra o lado máis amable, debaixo quen sabe, non preguntes, demasiado volume espanta.
Viaxa en doce deslizar, pouco sente e a cara de onte deuse a volta, ninguén prevé a súa estratexia. Móvese amodo, visible, lembrándonos que é indestructible ata que algo cambie de súpeto..

​

Creación e interpretación: Ana Beatriz Pérez.

Música: Autores Varios.

Vestuario: Cia Entremans

Asistencia coreográfica: Armando Martén

Produción e distribución: Artestudio Xestión Cultural.

Duración: 15 min.

bottom of page