​
Minguantes é unha peza que entra no universo temporal de dous individuos que van envellecendo. Corpos que cruzan o camiño dos cambios onde todo parece ir máis rápido que de costume, e xa correr non é unha opción. Outra galaxia espéralles.
Desde unha perspectiva minimalista e futurista, presentase o corpo como máquina motora irremplazable, engrenaxes con data de caducidade, fallas no sitema operativo, o eterno debate entre o querer e o poder, e a pesar de todo continuar.
O menos que poderían facer e deterse a contemplar o mundo, o máis que desexan, é seguir andando.
Sinopse:
Cando todo se pare, escoita ao animal minguante, sentirás a beleza do seu silencio.
​
Caen as follas como o teu cabelo
A choiva apenas sente
Sen darnos conta, brotan as flores
A choiva segue, o teu cabelo cae, e o brilo nos teus ollos segue intacto.
​
Autoría, interpretación e dirección: Ana Beatriz Pérez y Armando Martén.
Espazo Sonoro: Ismael Berdei
Texto en off: Rocío González.
Vestiario: Ruth Periera
Fotografía: Raquel Castro.
Duración: 16 min
Distribución: Artestudio Xestión Cultural.